galego - castellano
M. 22º C
m. 15º C
Reserva da Biosfera

Reserva da Biosfera

Dacordo coas directrices establecidas na Conferencia de Sevilla (1995),aprobadas por Resolución 28C/2.4 da Conferencia Xeral da UNESCO e o artículo 3 do Marco Estatutario, ditas Reservas deben contribuir ao logro de tres obxectivos básicos:



  • Conservación das paisaxes, os ecosistemas, as especies e a diversidade xenética.
  • Desenvolvemento económico e humano sostible dende os puntos de vista sociocultural e ecolóxico.
  • Coñecemento científico e apoio loxístico, prestando apoio a proxectos de demostración, de educación e capacitación sobre o medio ambiente e de investigación e observación permanente en relación con cuestións locais, rexionais, nacionais e mundiales de conservación e desenvolvemento sostible.


Sendo as Serras Galaico-Miñotas e os vales asociados unha unidade bioxeográfica que require unha atención coordinada entre as distintas administracións implicadas na súa xestión, a Reserva da Biosfera Transfronteriza Xurés Gerês supón unha oportunidade para a cooperación e o uso sostible a través da xestión común dun ecosistema compartido.



A creación da Reserva da biosfera Xurés-Gerês reforza a rede de reservas da biosfera na Peninsula Ibérica, sendo significativo o incremento da superfice de bosques e matorral e a incorporación de endemismos estrictos da Reserva da Biosfera Xurés-Gerês.



Ademais do elevado número de especies, así como de endemismos lusitanos e ibéricos, existen varios taxones de plantas vasculares, cuxa distribución está casi limitada ao territorio da Reserva da Biosfera.



Deste xeito, a zona proposta como reserva da Biosfera representa unha relevancia importante para a conservación da flora, tanto a nivel nacional como mundial.



dossier completo

Cruceiro das Cruces e camiño
10.0

Hotel Balneario Lobios Caldaria
10.0

Igrexa de San Pedro de Muíños
10.0

Vía romana
10.0

ECOMUSEO QUEIXOS DO XURES
10.0

Experiencias (1)

Este fin de semana fixemos unha visita ao Xurés,...

Recibe no teu E-mail o boletín do Parque Natural do Xurés.
logo Xunta logo Xurés logo Interreg logo UE FEDER

Parque Natural Baixa Limia-Xurés. Estr. Portugal, 34 - 32870 Lobios (Ourense) - Tlf/s: 988 448 048 / 988 448 181 - aviso legal