Calidade turística
|
O Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés acadou no Comité de Xuño de 2007, A Q de Calidade Turística, outorgada polo ICTE (Instituto de Calidade Turística Española).
Nos últimos anos, os espazos naturais protexidos sufriron un forte incremento de visitantes, converténdose nunha das maiores atraccións turísticas.
É por este motivo polo que o Parque Natural, coa finalidade de mellora-la calidade dos servicios, e incrementa-la satisfacción dos usuarios, implantou un sistema de Xestión baseado na mellora continua, centrado na xestión e no Uso Público.
A Secretaria Xeral de Turismo, en colaboración con Europarc, diseñou un Sistema de Calidade específico para o Sector Turístico, e en concreto, adaptado para Parques Naturais, que ten por obxectivo mellora-la xestión e a calidade nas infraestructuras e servicios de Uso Publico, a través da adecuación a unha serie de Normas de Calidade.
Para documentar este sistema de xestión, elaborouse en primeiro lugar, unha Política de Calidade, e o Manual de Calidade, que serán a base e o pilar do Sistema de Calidade.
O Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, ten como política de calidade a satisfacción plena das expectativas do usuario con relación á atención e a la calidade de servizo prestada.
Neste sentido, o Parque Natural comprometese a proporcionar os recursos materiais e humanos necesarios para asegurar a calidade dacordo aos requerimientos establecidos na norma de calidade para espazos naturais protexidos, desenvolvida dentro do ICTE.
Os obxectivos principais do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés son conservar e defender os valores naturais e culturais da zona, de maneira compatible co desenvolvemento sostible, así como fomentar o goce, o estudo e o coñecemento.
Como ferramenta de excelencia e mellora continua na prestación destes servizos, o Parque Natural asume a responsabilidade de cumplir os Requisitos e Servizos da Norma de Calidade Turística Española en Espazos Naturais Protexidos, así como os legais e regulamentarios que sexan de aplicación á xestión do espazo natural no ámbito da Comunidade Autónoma para o cal establece esta política e asegura:
En particular, o pilar máis importante da xestión da calidade é a orientación dos esforzos cara a mellora continua dos nosos servizos, potenciando a detección de áreas de mellora para a posterior definición de accións que as solventen, todas elas recollidas nun sistema de Planificación de Melloras.

Cruceiro das Cruces e camiño
10.0

Hotel Balneario Lobios Caldaria
10.0

Igrexa de San Pedro de Muíños
10.0
Vía romana
10.0

ECOMUSEO QUEIXOS DO XURES
10.0

Este fin de semana fixemos unha visita ao Xurés,...
|
|
Parque Natural Baixa Limia-Xurés. Estr. Portugal, 34 - 32870 Lobios (Ourense) - Tlf/s: 988 448 048 / 988 448 181 - aviso legal
|