galego - castellano
M. 22º C
m. 15º C
Carta Europea de Turismo Sostible


O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés foi acreditado no 2008 coa Carta Europea de Turismo Sostible (CETS) da Federación Europarc.


¿Que é a Carta Europea de Turismo Sostible (CETS)?

É un método para a implantación de principios de turismo sostible nas áreas protexidas (AP).


¿Como foi concibida a CETS?

A partir dun programa LIFE da UE (1996-1999) promovido, en nome de Europarc, pola Federación Francesa de Parques Rexionais e Naturais.


Cales son os 10 principios da CETS que se deben acadar traballando en conxunto, preparando e implantando unha estratexia, dando resposta ós temas clave de calidade e conservación e de sostibilidade e desenvolvemento:

1- Implicar a tódalas partes relacionadas co turismo na AP e o seu entorno, no desenvolvemento e xestión do territorio.

2- Preparar unha diagnose, elaborar e aplicar unha estratexia de turismo sostible e un plan de acción para a AP.

3- Protexer e promociona-lo patrimonio natural e cultural da zona para o turismo e co turismo, evitando un desenvolvemento turístico excesivo que puidese poñer en perigo a súa conservación.

4- Ofrecer ós visitantes unha experiencia de alta calidade en tódolos aspectos.

5- Proporcionar información adecuada ós visitantes sobre os valores especiais da zona.

6- Proporcionar produtos turísticos específicos que permitan ós visitantes descubrir, comprender e establecer unha relación co territorio.

7- Amplia-los coñecementos sobre a AP e os temas de sostibilidade entre os actores relacionados co turismo.

8- Garanti-la mellora da actividade turística sen reduci-la calidade de vida da poboación local.

9- Aumenta-los benefizos do turismo para a economía local.

10- Controlar e influír sobre os fluxos de visitantes para reduci-los impactos negativos que poidan xerar.

ver plan de acción [ES]

Cruceiro das Cruces e camiño
10.0

Hotel Balneario Lobios Caldaria
10.0

Igrexa de San Pedro de Muíños
10.0

Vía romana
10.0

ECOMUSEO QUEIXOS DO XURES
10.0

Experiencias (1)

Este fin de semana fixemos unha visita ao Xurés,...

Recibe no teu E-mail o boletín do Parque Natural do Xurés.
logo Xunta logo Xurés logo Interreg logo UE FEDER

Parque Natural Baixa Limia-Xurés. Estr. Portugal, 34 - 32870 Lobios (Ourense) - Tlf/s: 988 448 048 / 988 448 181 - aviso legal